ICA - Información da Cadea Alimentaria

ICA - Información da Cadea Alimentaria

Os principios orientadores da Información da Cadea Alimentaria (ICA) consisten na transmisión da información relevante dos animais desde o operador económico da empresa alimentaria de orixe (granxa) ata o operador de destino (matadoiro) co fin de cumprir os obxectivos que establecen os regulamentos do paquete de hixiene. Así mesmo a ICA debe achegar información ao veterinario oficial para a realización dos controis oficiais para ditaminar a aptitude para o consumo humano da carne. Os operadores das explotacións gandeiras están obrigados a levar rexistros sobre as medidas aplicadas para controlar os perigos de maneira adecuada e poñer esta información a disposición das autoridades competentes e dos operadores de matadoiro, constituíndo esta a ICA.