Benestar animal

Benestar animal

- Control Veterinario Oficial
- Responsabilidades do operador
- O Encargado de benestar animal
- Certificados de competencia
- PNT´S
- Incumprimentos
- Procedementos ante non conformidades
- O Sacrificio Ritual

O regulamento (CE) Nº 1099/2009 relativo á protección dos animais no momento da matanza, establece o requisito xeral de que durante a matanza e as operacións conexas a ela non se causará aos animais ningunha dor, angustia ou sufrimento evitable.
Para cumprir este requisito xeral, o regulamento inclúe outros requisitos mais específicos. Entre eles, considerando a súa importancia, pódense destacar dous: a exixencia de que os explotadores dos matadoiros planifiquen de antemán a matanza dos animais e as operacións conexas a ela, levándoas a cabo aplicando procedementos normalizados de traballo (PNT) e a exixencia de controis para garantir a eficacia do atordamento previo ao sacrificio, obrigatorio en todos os animais, coa excepción dos sacrificios especiais por ritos relixiosos.

O obxectivo básico do benestar animal nos matadoiros é evitar causar ós animais dor ou sufrimentos evitables durante as operacións propias da descarga, estabulación, manexo e todas aquelas necesarias para un correcto sacrificio do animal.

Para cumprir estes obxectivos establecense uns criterios de actuación e responsabilidade tanto do propio operador económico como do Servicio Veterinario Oficial (SVO)

Con estes procedementos de actuación, ademais de salvagardar o benestar animal, conseguiremos minimizar riscos na calidade e hixiene da carne.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde