Documentación e marcas

Documentación e marcas

O operador do matadoiro debe realizar diariamente o control da documentación de acompañamento dos animais que recibe, tanto os correspondentes ao operador económico do gando (ICA) como da documentación sanitaria (GOSP, DIB…)

A chegada dos animais aos establecementos de sacrificio exixe que a empresa realice un rigoroso control sobre a identificación, documentación, condicións de estabulación, presentación de rexistros, etc. Este é un aspecto fundamental e necesario para os posteriores ditames veterinarios e o mantemento da rastrexabilidade.

Os principios orientadores da Información da Cadea Alimentaria (ICA) consisten na transmisión da información relevante dos animais desde o operador económico da empresa alimentaria de orixe (granxa) ata o operador de destino (matadoiro) co fin de cumprir os obxectivos que establecen os regulamentos do paquete de hixiene. Así mesmo a ICA debe achegar información ao veterinario oficial para a realización dos controis oficiais para ditaminar a aptitude para o consumo humano da carne.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde