Programa de vixilancia das encefalopatías esponxiformes transmisibles

Programa de vixilancia das encefalopatías esponxiformes transmisibles

- Autorización de matadoiros
- Animais sometidos a mostraxe
- MER
- Instruccións
- Toma de mostras
- Rexistros

A alerta polo mal das vacas tolas xurdiu no ano 1996 como consecuencia da aparición dun gran número de casos desta enfermidade no Reino Unido. A partir desa data, implantáronse medidas de loita en toda a Unión Europea.

A aparición do primeiro caso animal en España produciuse en Galicia en novembro do ano 2000, isto supuxo o incremento das medidas de loita, instaurándose tanto medidas de vixilancia pasiva (eliminación de MER), como medidas de vixilancia activa (test diagnósticos, baleiros sanitarios, etc.).

A lexislación vixente sobre a vixilancia e control das EET baséase, a nivel da UE, no REG. 999/2001, a nivel nacional no Real Decreto 3454/2000 e na orde PRE/1431/2009 que modifica o anexo II do RD 3454/2000.

A lexislación anterior establece unha serie de criterios con vistas a garantir que as medidas de restrición aplicadas son efectivas e que as poboacións animais susceptibles de padecer EET están controladas, impedindo o paso dos axentes patóxenos á cadea alimentaria.
As medidas en matadoiros, no caso de España resúmense en:

→ Realización do test diagnóstico, para descartar EET, aos grupos de bovinos que están sometidos a mostraxe reflectidos no Programa Vixilancia EET en matadoiros

→ Investigación activa dun número que se establece anualmente, de ovinos sacrificados para consumo maiores de 18 meses: realización de test de diagnóstico para descartar EET

→ Investigación activa dun número que se establece anualmente, de caprinos sacrificados para consumo maiores de 18 meses: realización de test de diagnóstico para descartar EET

→ Eliminación do material especificado de risco (MER)

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde