Marcas

Marcas

Rd 1515/2009, Decreto 142/2012

Os equidos identificados en Galicia, nados en explotacións rexistradas como de produción e reprodución cuxo obxectivo sexa a produción de équidos de abasto e que sexan trasladados con destino a sacrificio antes da idade de 15 meses, poderanse identificar mediante unha marca auricular electrónica.
Os animais de abasto identificados ca marca auricular electrónica e trasladados antes dos 15 meses con destino a cebadeiro poderán manter esta identificación aínda que no momento da entrada no matadoiro superen esta idade.
Os menores de 12 meses poderanse trasladar ao matadoiro sen Documento de identificación equina, se teñen autorización oficial de traslado.
Tanto os équidos rexistrados como os de crianza e rendemento maiores de 15 meses, identificaranse con transpondedor no terzo anterosuperior do pescozo baixo o ligamento nucal.

O veterinario oficial verificará que o operador do matadoiro comproba a identidade de cada animal e verifica a información que conteña a sección II do DIE respecto a aptitude de cada animal para o seu consumo.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde