Programa Nacional de Investigación de Residuos

Programa Nacional de Investigación de Residuos

- Obxectivos do programa
- PNT toma de mostras
- Cadro medidas
- Consultas medicamentos e prescricións

Existen numerosas substancias que, xa sexan administradas aos animais cun fin concreto (terapéutico ou fraudulento, ex. medicamentos veterinarios, substancias anabolizantes) ou sexan inxeridas de modo involuntario polos animais (ex. micotoxinas, metais pesados, praguicidas…), teñen como consecuencia a aparición de residuos nos produtos de orixe animal, e cuxa inxestión pode supoñer un risco para a saúde pública, polo que é necesario o seu control exhaustivo. Os residuos obxecto de estudo neste programa, veñen establecidos no Real Decreto 1749/98, polo que se establecen as medidas de control aplicables a determinadas substancias e os seus residuos nos animais vivos e os seus produtos, e clasifícanse en varios grupos​.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde