Subprodutos

- Obrigas do operador comercial
- Categorización
- Supervisión Oficial
- Rexistros

Os Regulamentos (CE) 1069/2009 e 142/2011 establecen normas en materia de saúde pública e animal aplicables á recollida, transporte, almacenamento, manipulación, utilización e eliminación dos subprodutos animais co obxecto de impedir que estes produtos supoñan un risco para a saúde humana e/ou animal.

Subprodutos: son os corpos enteiros ou partes de animais ou produtos de orixe animal non destinados ao consumo humano, polos seguintes motivos:

• Ser declarados non aptos para o consumo humano pola inspección veterinaria

• Non ser comestibles

• Razóns comerciais

Nos matadoiros xéranse un gran volume de subprodutos de orixe animal, os cales para evitar riscos para a saúde pública, sanidade animal e medio ambiente deben eliminarse de forma hixiénica conforme establece a normativa vixente.

Dentro destes subprodutos inclúense desde os cadáveres aos restos cárnicos non comercializados para o consumo humano, incluíndo o esterco e outros produtos técnicos. Todos estes produtos teñen que trasladarse a plantas ou outros destinos autorizados para a súa eliminación.

Para garantir a eliminación correcta de todos estes subprodutos, e especialmente dos materiais especificados de risco (MER), os establecementos deben cumprir unha serie de obrigacións, sendo o SVO o encargado de asegurarse de que o operador do matadoiro toma as medidas necesarias para evitar que a carne se contamina con MER e que retira, separa, e no seu caso, marca estes produtos conforme á normativa.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio