Supervisión - Autocontrois

- Plans de prerrequisitos
- Plan APPCC
- Rexistros do operador
- Supervisión veterinaria

Os explotadores de empresas alimentarias deben ter en marcha un sistema integral (Sistema de Xestión da Seguridade Alimentaria) para identificar e controlar permanentemente os perigos significativos para garantir a salubridade dos alimentos e adaptar o dito sistema sempre que sexa necesario.

Debe ser proporcional, estar baseado no risco así como tamén considerar os perigos vinculados a determinados tipos de alimentos e ao/s proceso/s que se aplique ao alimento.

A finalidade é a produción de alimentos seguros para o consumo humano evitando a introdución de xeito directo ou indirecto de: axentes perigosos, aumento da carga microbiolóxica, a acumulación de residuos, outros axentes químicos e/ou físicos.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio